Darrera modificació: 2023-05-25 Bases de dades: Sciència.cat
Pichel, Ricardo - Pousa Diéguez, Rodrigo, "Para a historia da prosa médica na Galiza medieval: unha receita en galego do século XV no arquivo da Real Chancillería de Valladolid", Murguía, 45-46 (2022), 13-26.
- Resum
- Este traballo dá noticia dunha peza documental de extraordinario valor para a historia lingüística, científico-literaria e cultural da Galiza medieval. Trátase da primeira mostra coñecida até o momento no espazo cultural galego de literatura técnica de natureza médica non asociada ao mundo animal. O texto en cuestión, unha receita con prescrición médica datábel na segunda metade do século XV, conservouse copiado no volto dun documento orixinal outorgado polo notario muradán Pedro de Antelo, formando parte dun dos atados probatorios do preito que os Mariño de Lobeira mantiveron cos arcebispos composteláns (1470-1524) por mor da xurisdición de varias freguesías do alfoz de Muros. Nesta primeira aproximación ao texto, faise unha moi breve contextualización histórico-literaria e ofrécese a transcrición e edición do texto da receita e do documento notarial asociado a ela.
- Matèries
- Fonts
Història de la medicina Edició
- URL
- https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo ...
|